Sunday 28 de April de 2024

Máis de 1.500 persoas participan na romaría comarcal de Alternativa dos Veciños


Alternativa dos Veciños celebrou a romaría comarcal anual na Finca Tenreiro de San Pedro de Nós, á que asistiron máis de 1.500 persoas. A xornada desenvolveuse nun gran ambiente festivo e de confraternidade.

O presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, dirixiuse a todas as persoas asistentes nunha intervención na que destacou que Alternativa é un partido “de feitos e non de palabras”. “Ao longo dos últimos 43 anos demostramos que foi e é posible outro xeito de facer política. Co apoio da cidadanía, continuaremos traballando arreo para seguir levando aos concellos a nosa singular forma de facer, con proxectos humanos pensados en satisfacer as necesidades das persoas”, dixo García Seoane.